User menu

Idiomas

Empresa Mel de Galicia

A parroquia de Zobra, situada entre as serras de Candán e testeiro é unha zona do Concello de Lalín na súa intersección coa Terra de Montes, cunha orografía accidentada e montañas con cumes ovaladas das que parten rio de pouca profundidade que van parar ás augas do Rio Deza. Polas Características da orografía, fauna e flora coa cualificación de Espazo Natural, representa unha área onde se producen unha dos meles de maior calidade, elaborada polas abellas a partir do nectar das flores dos carrascos, uzes e en xeral das distintas familias de plantas do xénero "erica" a título principal e nunha porcentaxe entre o 30-40% a partir do nectar de moles de plantas e flores que crecen neste enclave natural. Albarizas redondas con muros altos de pedra para defendela dos osos, esparexidas polos montes, falan dunha tradición de séculos. A falta de adaptación dos tempos, fixo que en pouco anos estivese preto a desaparición das abellas destas terras, acelerada na década do oitenta coa aparición de novas enfermidades das abellas. A explotación de "Mel ou Carrasco" é unha explotación pequena que nace como resultado dun intento frustrado de constituír unha cooperativa de mel, tarefa que non animou aos veciños que tiñan abellas. A mecanización de "Mel ou Carrasco" é indispensable para evitar a manipulación do mel, sen ningun tipo de tratamento industrial, sendo por tanto un mel caseiro, un mel co sabor dos meles do pasado.